Cora Velasco actúa o mércores 17 de xullo ás 20:30 horas na Praza de Azcárraga da Coruña. Laura Reimúndez pintará en directo.A cantante e compositora pontevedresa Cora Velasco ofrecerá novas cancións en formato dúo. Comeza unha nova etapa na súa carreira musical baixo o nome artístico de Cora. A pintora Laura Reimúndez creará unha obra durante o concerto de Cora, á vista da xente que se achegue á Praza de Azcárraga.