Aldaolado

Venres 3 de xuño – 20.00 horas

Concello de Carral – Piscina Municipal

Entrada libre

Regresamos ao Concello de Carral con Aldaolado.

As poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan no espectáculo ‘O Benquerer(se)’, poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres nos seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Sempre cun afiado sentido do humor.

Ser muller é tamén aprender a quererse e querer ás outras, e, se fai falla, rirse incluso dunha mesma e das nosas pantasmas. E Aldaolado pensan que o humor e a poesía son tamén fermentas coas que mudar o mundo.