Carmen Boza é cantante, guitarrista, compositora e produtora de todas as súas cancións. A súa posta en escena destaca pola garra e a personalidade coa que interpreta todo o repertorio copado de riffs de guitarra e melodías pegadizas que acompañan a textos escuros e introspectivos. O talento innato de Carmen Boza e a súa traxectoria, sitúan á artista como unha das propostas femininas españolas máis interesantes e con máis proxección do momento.

Nos próximos meses, chegará ao Elas Son Artistas para presentar este recentemente estreado tema e outras das cancións de «La caja negra», o seu último álbum publicado.