Ede

Sábado 23 de abril – 20.30 horas

Concello de Oleiros – Centro Cultural Á Fabrica

Entradas: 3€, dispoñibles desde as 19.30 horas na billeteira

Ede tamén estará na quinta edición de Elas Son Artistas cun concerto o vindeiro 23 de abril no Concello de Oleiros.

Ede é a delicadeza, o carisma, a sensibilidade, a honestidade do traballo co íntimo, a calidade dunha voz nos seus matices e na súa diferenza, arroupada por unha música que reverbera cara ao soul, cara ás músicas de raíces populares, o bolero…