Mäbu é unha banda de pop fincada en Madrid (España) que nace a principios do ano 2008 liderada pola cantante e compositora María Blanco (voz e guitarra) e o músico e produtor Txarlie Solano.

Ata hoxe, con máis de douscentos concertos ás súas costas ao longo do noso país e a publicación de cinco traballos discográficos Mäbu converteuse nunha banda imprescindible na escena musical independente española e comeza a ter unha gran proxección en México, onde xa realizaron varias xiras.
Bebendo de fontes tan clásicas como a canción de autor (principalmente anglosaxoa), é unha banda capaz de desfacerse de tópicos e fórmulas manidas, aglutinando influencias do rock independente, o pop, ou as bandas sonoras, a fin de definir un estilo inequivocamente persoal.