O ciclo metropolitano pola Igualdade na Música e nas ArtesElas Son Artistas naceu na Coruña en 2017 grazas ao impulso e á paixón de Yolanda Villa, unha das mulleres fundadoras de MIM e propietaria da sala de concertos Mardi Gras fundada en 1999.
Elas Son Artistas é moito máis que un festival ou un ciclo de espectáculos artísticos. É unha reivindicación pola igualdade, unha homenaxe á muller creadora, que como sempre, será en todo momento protagonista. Elas son quen conforman o unha proposta que, de igual maneira que nas catro edicións anteriores, nas que o festival deu traballo a 328 persoas entre artistas, persoal técnico, xestoras… Por suposto, na súa gran maioría as persoas contratadas foron mulleres.
Na actualidade, e xa dende a segunda edición de 2019, está organizado pola sociedade laboral 10d10 Solucións Acertadas S.L.L. fundada en A Coruña en 1999 e pola axencia de comunicación Produtriz, fundada en 2017.
Un festival que é posible grazas ao apoio institucional dos concellos que participan do mesmo, pero tamén grazas á suma a nivel patrocinio de empresas privadas como Gadis e Caeiro e colaboradores como MIM – Mujeres de la Industria de la Música, AIE – Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España, Coca-Cola e a República Musical Mardi Gras. Finalmente, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia tamén colabora en aqueles espectáculos que se realizan en galego.