O ciclo metropolitano pola Igualdade na Música e nas ArtesElas Son Artistas naceu na Coruña en 2017 grazas ao impulso e á paixón de Yolanda Villa, unha das mulleres fundadoras de MIM e propietaria da sala de concertos Mardi Gras fundada en 1999.

Elas Son Artistas é moito máis que un festival ou un ciclo de espectáculos artísticos. É unha reivindicación pola igualdade, unha homenaxe á muller creadora, que como sempre, será en todo momento protagonista. Elas son quen conforman o unha proposta que, de igual maneira que nas seis edicións anteriores, nas que o festival deu traballo a 538 persoas entre artistas, persoal técnico, xestoras… Por suposto, na súa gran maioría as persoas contratadas foron mulleres.

Na actualidade, e xa dende a segunda edición de 2019, está organizado pola sociedade laboral 10d10 Solucións Acertadas S.L.L. fundada en A Coruña en 1999 e pola axencia de comunicación Produtriz, fundada en 2017.

Un festival que é posible grazas ao apoio institucional dos concellos que participan do mesmo. Nesta edición 2024 serán: A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

E tamén grazas á suma a nivel patrocinio de empresas privadas como Citanias,  Gadis  e colaboradores como AIE – Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España, Coca-Cola e a República Musical Mardi Gras.