A Panadaría son Areta, Noelia e Ailén.

Fundaron a compañía no ano 2013 presentando o espectáculo Pan! Pan! que gañou o 1º Premio Xuventude Crea 2013, Premio María Casares 2015 á Mellor Actriz Secundaria (Areta Bolado) e o Premio da Crítica Galicia 2015.

Con este primeiro espectáculo xa conseguiron premios e eloxios da crítica pero despois de estrear a súa nova obra, Panamericana, seguen sen ter decorados de pan de ouro e veludo, nin local de ensaio, nin furgoneta, nin homes. Aínda.

Amasan un teatro de creación propia e, por iso, chámanse A panadaría, porque o seu é un oficio de tradición, de esforzo e constancia, de relación da persoa cos elementos máis básicos, co que viu antes e co que está por chegar.

Porque en todo o mundo a humanidade fai pan e fai teatro, chámanse A panadaría, para alimentar corpo e alma.

A avoa de Noelia, Lola, dixo delas: “sodes unha pandilla esplendorosa”.

 

Dejar una opinión