Teatro Colón
Domingo 2 de xuño 21:00
Entradas dende 12 + gastos, incluido no abono do festival.
Existen descontos con carné xoven, persoas desempregadas e familias numerosas.
Presentar a Amparo Sánchez, Amparanoia, tras máis de vinte anos de carreira musical e de compromiso social, en especial coa causa feminista é algo arriscado. Para o noso festival resulta un luxo contar con ela para pechar esta segunda edición nun espazo tan especial como é o Teatro Colón.
Será un concerto acústico no que estará acompañada no esceario polo guitarrista Willy Fuego. Unha actuación que quedará marcada na memoria do festival e de cada persoa que se achegue a disfrutala.

Dejar una opinión