O directo de Bieitta James e Pepe King é blues pero tamén soul e rock’n’roll.

Cancións ben coñecidas interpretadas con paixón e transformadas para que o galego sexa a lingua que nos transmita a emoción que se puxo na sua creación.

Na actuación de Betanzos teremos a oportunidade tamén de colaborar na pintura colectiva que tanto La Niña del Arcoiris (centrada no público infantil) e o Grupo de pintoras juntas porán á nosa disposición a carón do esceario.

Toda unha mañá para disfrutar das artes na vila betanceira.

Dejar una opinión