Un pequeno experimento para a noite de martes no que subiremos ao esceario de Mardi Gras a EXIT, a nosa banda residente dende 2009 e xa moi coñecida na cidade, compartindo cancións con Carla Green.

Carla é a frontwoman de The Demons, banda galega de soul. Todo un espectáculo en directo que viviremos con emoción. Xa teñen compartido o noso esceario como podes ver no vídeo.

Un concerto con acceso libre que veremos tras o espectáculo de Elahood Danza no Campo da Leña.

Dejar una opinión