Estrea na Coruña do seu espectáculo «Tabú»
Auditorio do Forum Metropolitano
Martes 28 maio. 21:00 horas. 
Entrada gratuita ata completar aforo

Tabú é o espectáculo de Carmen Conde que reúne narración oral e a música ao vivo de Laura LaMontagne. Despois de percorrer Galicia durante seis meses falando con mulleres de entre 70 a 95 anos sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude, Carmen pon ao clareo as historias de amor, confusión, violencia e erotismo das que nunca se falou e das que somos herdeiras hoxe.

Dejar una opinión