Rebeca Lane naceu na cidade de Guatemala o 6 de decembro de 1984, en medio dunha guerra e foi nomeada en honor á súa tía secuestrada e desaparecida polo goberno militar en 1981 . Dende moi nova fíxose activista en organizacións de familiares de persoas desaparecidas ou asasinadas polo exército. Isto involucrouna noutras loitas coma a das terras de pobos indíxenas, e movementos políticos de obreiros e poboadores contra o neoliberalismo e as súas políticas que teñen causado incluso máis conflictividade que durante a guerra.

Decatouse de que as mulleres tiñan menos participación e liderado polo que empezou a interesarse no feminismo, o que a levou a traballar con grupos de mulleres a travñes da arte. Fixo parte do grupo “TrasBastidores” en obras de teatro e performances que abordan os dereitos das mulleres coma “Las Profanas” (2009), “El Juego” (2009), ou “Histéricas y no tanto”, un musical de Hip Hop e cabaret en 2013. No 2014 formou parte do grupo que montou a obra de teatro e Hip Hop “La Eskina” onde a través do graffiti, rap,breakdance, deejaying y parkour abordase o tema da violencia contra a mocidade marxinalizada na cidade.

Como poeta ten publicado poesía en varias revistas en Guatemala, Puerto Rico e México. Actualiza cas súas letras o blogue “Mujeres de bolsa grande y zapatos bajos”.A poesía levouna ao spoken-word e coma colaboradora en Da-Radio (radio online de Hip Hop) fixo parte do colectivo Última Dosis. Con eles comenzou a gravar rap dende o año 2012, e comezou cantar tanto co grupo coma solista. En outubro de 2013 o seu primer EP “Canto” foi lanzando e realizou un tour para presentalo en Centroamérica e México. Participou en importantes festivales coma “Revolución Hip Hop 2012”, “Festival Ixchel 2012”, “Festival Rap Solo 2013”, “Festival de Juventud 2014” entroutros en Guatemala. En México participou no  festival de arte lésbico e feminista “Lesbianarte” tanto en 2013 como en 2014, tamén no “1er Festival Internacional de Hip Hop 2013” en Querétaro, o “Encuentro Nacional Feminista 2013” en Guadalajara, o “VIII Festival de Diversidad Sexual” in Zacatecas.Tamén fixo parte de festivais e seminarios en Centroamérica sobre dereitos humanos e feminismo, así coma dentro da cultura Hip Hop en eventos de mulleres coma o “Hall of Femme 2014” en Nicaragua, o “I Festival de Hip Hop Femenino 2014” en Honduras, e o “Festival Union Break 2015” en Costa Rica.

É fundadora do movemento “Somos Guerreras” a partir do que estanse a crear espazos de mulleres dentro da  cultura Hip Hop para transformar as relacións dentro da mesma cara a outras máis igualitarias e menos sexistas.

Dejar una opinión