Sábado 25 maio 18:00

Concello de Bergondo – Auditorio A Senra

Entrada libre ata completar aforo

 

Comezamos avisando de que Rosa ten clube de fans e seguro que se achegan a Bergondo para escoitala. Quen chegue tarde pode quedar fora.

Todo un luxo para o festival contar con esta galega de Monforte que foi a voz de Luar na Lubre. O formato desa tarde será de voz, violonchello e piano. Matices sonoros para un repertorio que resulta un pracer para os sentidos.

O festival viaxa logo ata Oleiros.

Dejar una opinión