O compromiso da organización de #ESA coa mobilidade pola cultura fai que desexemos, dentro da sostibilidade e a lóxica, achegar ás persoas dos sete concellos aos nosos diversos espectáculos.

 

Se hai xente suficiente interesada que quere achegarse ata A Coruña a disfrutar dos concertos do venres, sábado e domingo, fletaremos un autobús para que podan regresar ás suas casas a iso das 2:30 da madrugada dende a proximidade das salas nas que temos os concertos: venres e sábado dende preto de Mardi Gras e domingo preto do Garufa Club.