Isabel

ESA-Artistas_do_dia_a_dia-Isabel

Isabel. Leva décadas sendo a protagonista de cada día de Ultramarinos Isabel, en Monte Alto, na Coruña.

É a que inaugura a sección Artistas do Día a Día.

Di rotundamente: “A miña clientela é a mellor do mundo”.
Así é Isabel. Un encanto.

Escribíron ás nosas redes falándonos dela e aló que fomos a coñecela a Monte Alto.

Na Rúa Vereda do Polvorín con Rúa Areal atopamos a súa tenda chea de cores e calidade.

Din dela que “é unha persoa única e moi querida no barrio”. “Unha curranta ademais” e do que máis destacan é “a labor de comunidade que fai”. “É impresionante como a súa tenda é o centro polo que pasamos todos no barrio.”
Cando fumos facerlle a foto e comentarlle a iniciativa foi marabillosa. Saímos felices!

Non quixo falar moito máis aló da afirmación coa que comeza o texto (que xa non é pouco), pero o seu sorriso xa o dixo todo.

Grazas, Isabel!
Ogallá moitas máis coma ti!

E grazas a Daniel e Ana por recomendala!

LUNS · 29 · XUÑO · SALA MARDI GRAS

Sacty Antonel

Dende Nashville. Puro Country Rock, neste caso en formato acústico, o luns 29 de xuño na sala Mardi Gras.

Non podía ser noutro lugar.