Mónica, uruguaia que chegou de Brasil hai 20 anos. Podes seguila no seu instagram: @monicanoa.macrame.
Falamos con Rodri, (@caguama_ong no Instagram), que nos escribiu para falarnos dela e contarnos que Mónica recibira durante anos a persoas migrantes que chegaron á Coruña. Contactábana a través das redes sociais; ela apoiábaas, orientábaas, contáballes a súa experiencia como migrante e ía recibilas ao aeroporto ou á estación de Renfe cunha pancarta de benvida, para que non sentisen a soidade de chegar a unha cidade nova.
Fixo un traballo espectacular axudándoas a alugar un piso, atopar emprego, ensinarlles a cidade e realizar diversas xestións administrativas.
Dinos, ademais, que para el Mónica é actriz, activista, artesá e «unha muller superforte que crea comunidade cunha conciencia incrible».
É unha historia interesante que contar e, sen dúbida, é toda unha #ArtistaDoDíaADía!
Grazas, Rodri, por presentárnola e, sobre todo, grazas a ti, Mónica, por crear unha sociedade máis rica en valores como a empatía e o agarimo, e por exercer como persoa HUMANA, con maiúsculas.
VIVA TI!!

